15 feb 2011

SABÍAS POR QUE...

hai “Portos” no monte? Galicia está chea de lugares que se chaman “Porto” nos que non hai lonxas posto que quedan lonxe das augas salgadas. A explicación é moi sinxela, un “porto” é un paso e pode habelos na beiramar ao ser pasos do mar á terra, pero tamén os hai terra adentro. Unha opción é que sexa á beira dun río, pódese identificar porto cun paso formado, por exemplo, por algunha pedra sobre un regueiro. Outra opción son as zonas altas sobre as que hai algún camiño que pasa salvando a orografía. Xa os romanos facían as súas vías tratando de levalas polas zonas de vales, así que cando se encontraban cun monte falaban de “Portelas” que están relacionadas; porto-porta-portela.

Na imaxe, fotografía aérea de PORTO DO SON (A Coruña)


No hay comentarios:

Publicar un comentario