15 feb 2011

SABÍAS QUE…

Lanzan unha campaña publicitaria con erros lingüísticos? O grupo BAP&Conde vén de gañar o concurso impulsado pola Xunta de Galicia para anunciar o seu novo selo de calidade de produtos lácteos galegos. O obxectivo da campaña era enxalzar tres cousas; a terra como orixe, o coidado como calidade e a saúde relacionada co consumo. Pero o que máis chamou a atención foi que o seu lema “100% galega. Marca a diferencia” foi creado con dous erros de lingua moi visibles; cambio de xénero da palabra leite e castelanización morfolóxica da forma diferenza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario