15 may 2012

PROMOCIÓN DA PELÍCULA "VILAMOR" NA NOSA COMARCA


Esta semana, algúns dos centros da comarca tivemos a oportunidade de acoller a promoción da película Vilamor, protagonizada tamén por un actor da zona: Rubén Riós.

Ademais de poder coñecer de primeira man algúns dos detalles da rodaxe, de tema, espazo e lingua ben nosos, ofrecéusenos a oportunidade de conseguir entradas para a estrea de pasadomañá, 17 de maio, en Ourense, e de participar no concurso de creación de curtas "Tes que vela". Pódese consultar toda a información no blog de Vilamor: http://vilamor.eu/web/gl/blog/

CONCURSO DE DEBUXO PARA FESTEXAR O DÍA DAS LETRAS

 Aí vos vai un adianto dunha das actividades que se está a levar a cabo no IES García Barbón en homenaxe a Paz Andrade. Animádesvos?

 

 CONCURSO DE DEBUXO Valentín Paz Andrade

Con motivo do Día das Letras Galegas, dende o EDL do I.E.S. García Barbón queremos homenaxear a figura de Valentín Paz Andrade xunto con vós.

Animámosvos a todos e a todas a participar nos diferentes concursos que se levarán a cabo na semana das Letras. Aquí tedes as BASES do CONCURSO DE DEBUXO:

CONCURSO DE DEBUXO Valentín Paz Andrade


2 may 2012

DÍA DAS LETRAS 2012


                17 DE MAIO                                          

 Toda a información, actividades, vídeos e materiais didácticos na coordinadoraendl:
 http://www.coordinadoraendl.org/letras2012/index.htm