15 feb 2011

AXÓUXERES POR GALICIA ADIANTE:::

Os Axóuxeres é un programa deseñado para animar ás familias a continuar educando en galego nas casas. Así, desenvolveranse unha serie de actividades ao redor do proxecto nos concellos de Arteixo, Miño, Muros, Santa Comba, Redondela, A Cañiza, Tui, Vilagarcía de Arousa, San Cibrao da Viñas, Verín, Foz e Vilalba. Trátase de “encontros” e “obradoiros”. Os primeiros son un espectáculo participativo dunha hora de duración que conxuga a música, as cantigas, o teatro e os xogos en galego e que está dirixido a bebés de 0 a 3 anos. No caso dos obradoiros, estes mesturan un pequeno curso de técnicas de masaxe infantil, música, cantigas de arrolo tradicionais galegas e xogos de iniciación.
Para animar a xogar e educar aos bebés en galego, esta iniciativa transmite ideas e xogos para que as nais e os pais os poidan reproducir cos bebés. Desta volta preténdese homenaxear aos avós e ás avoas, recoñecendo o seu labor de coidado, educación e incorporación do galego á comunicación entre as familias e os bebés. Para participar nos Axóuxeres non hai pagar nada pero si cómpre facer unha reserva pois o aforo de cada concentración é moi pequeniño. A Secretaría Xeral de Política Lingüística habilitou uns teléfonos para atender ás familias e inscribilas, débese chamar en horario de luns a venres de 9 a 16 horas: para os encontros no 686 160 879 e para os obradoiros no 630 230 338.

No hay comentarios:

Publicar un comentario