15 feb 2011

SABÍAS QUE…

Tres concellos da provincia de Cáceres falan en galego? Alí chámanlle “A FALA”. Historicamente non se quixo recoñecer que ese xeito de falar fose galego, hai quen ten dito que é unha variante do portugués ou do asturleonés entre outras cousas. O certo é que calquera galego que fale coas xentes de Ellas, San Martiño de Trevello ou Valverde do Freixo se ha entender perfectamente. Os filólogos falan de que fose un territorio poboado na reconquista con xente do sur de Galicia. A “FALA” foi declarada de interese cultural polo Decreto 45/2001 da Junta de Extremadura. Socialmente circunscríbese a usos familiares, pero non houbo perda xeracional, “falan” en galego desde os vellos até os pequenos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario