Con tan só uns meses de vida, a rede social galega REDELIBROS conta xa con máis de 200 usuarios e estase a converter na páxina de referencia para o intercambio de opinións e informacións sobre libros e lecturas.
Funciona como unha rede social calquera, onde cada persoa crea o seu perfil e pode facer propostas ou comentar as doutra xente. Infórmase de libros novos e serve de plataforma temática da lectura.
Segundo publican en www.redelibros.com, e tendo en conta os datos fornecidos polas librerías colaboradoras desta web social, no mes de xaneiro son os máis vendidos estes títulos; 1. Dos arquivos do trasno do rianxeiro Rafael Dieste 2. Todo é silencio do coruñés Manuel Rivas 3. A Esmorga, obra universal do ourensán Eduardo Blanco Amor 4. A novela de detectives Ollos de agua, Domingo Villar 5. Denso recendo a salgado, Manuel Portas
No hay comentarios:
Publicar un comentario