O espazo da TDT que ocupaba CNN+ pasou a ser desenvolto polo grupo de TELE 5 para proxectar o concurso Gran Hermano XII as 24 horas do día. Neste programa hai una concursante da Coruña que se chama Marta. Vén de remover as redes sociais logo de ter unha conversa con outra das concursantes sobre o idioma galego. En menos de dez minutos deulle un repaso a todos os prexuízos negativos que existen sobre a nosa lingua. Comeza tocando o tópico relativo á incompetencia dos falantes “no lo hablo porque no sé hablarlo bien”, toca a identificación do galegofalante como marca ideolóxica “los que son muy nacionalistas” pero sobre todo o do atraso “un gallego muy cerrado, como los que hablan con gheada y seseo; eso es decir ghato y sinco en lugar de gato y cinco; se les considera muy brutos a los que hablan así”. Nesa imaxe negativa dos galegofantes céntrase bastantes minutos da súa intervención cando relata a sensación que sentíu cando oiu falar un rapaz que lle parecía moi atractivo “me dio un bajón cuando comprobé que hablaba gallego”.
Aínda así ten un momento de reflexión onde declara que é una mágoa que haxa galegos coma ela, que sintan vergoña da súa lingua. A súa compañeira dille que lle parece fermoso escoitado polos que non son galegos e extráñase de que os propios galegos sexan os que se avergoñen. Marta explícalle que para triunfar nos medios, os presentadores pulen a súa fala para non parecer galegos e que iso é moi difícil e triste porque non se debería avergoñar ninguén por ese motivo.
Estas declaracións, que recollen moitos dos prexuízos contra o galego vixentes na actualidade, espallouse rapidamente pola rede e provocou a reacción de milleiros de galegos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario