Desde a Coordinadora Local de Equipos de Dinamización Lingüística queremos expresar a nosa solidaridade con Agustín Fernández Paz que vén de rexeitar o Premio da Cultura Galega. Desde os centros de ensino das comarcas de Verín e Viana queremos recoñecer, así mesmo, o labor prolífico no ámbito da literatura infantil e xuvenil así como no ámbito de animación á lectura. O éxito de Fernández Paz vén avalado polo alumnado que, curso tras curso, goza coas súas letras. Ése é o mellor premio co que se pode idenificar.
Reproducimos o escrito co que rexeita o premio e enlazamos o texto de PROLINGUA ao que fai referencia no mesmo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario