29 nov 2011

EDICIÓN DO CULTURGAL 2011



Esta fin de semana, o 2,3 e 4 de decembro terá lugar a nova edición do CULTURGAL, a Feira das Industrias Culturais, no Pazo da Cultura de Pontevedra. Como todos os anos, alí poderemos atopar información sobre todos os eidos da nosa cultura: música, audiovisual, literatura, teatro...


A visita permitiranos asistir tamén a presentacións de libros en directo, xogos, recitais poéticos e concertos. O programa detallado figura na seguinte ligazón

http://www.culturgal.com/

No hay comentarios:

Publicar un comentario