8 abr 2011

concurso de VIDEOCREACIÓN

Dende o IES García Barbón convídannos a participar nun concurso de VIDEOcreación. É moi sinxelo; hai que escoller unha canción das que nos ofrecen e logo facer un videoclip con ela. Este é o cartel e debaixo están as bases. Máis información no seu blog www.chumaceira.blogspot.com ou en facebook/tuenti (búscaos por "chumaceira")

Concurso de VIDEOCREACIÓN
“videoARTE coa túa PARTE”
EDL IES García Barbón
BASES
1. Poderá presentarse todo o alumnado dos IES das comarcas de Verín e Viana do Bolo pertencentes á coordinadora comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega.
2. Poderánse entregar traballos até o día 31 de maio de 2011 dirixidos ao correo electrónico do EDL do IES García Barbón [normalizacionbarbon@gmail.com]
3. O traballo consistirá na realización dunha videocreación a partir dun tema musical entre varios propostos polo xurado. Esta videocreacion pode ser feita en calquera soporte dixital [programas de creacion de video informaticos, mobiles…] e formato e estension [.avi, ppt...]
4. Para inscribirse débese enviar un correo a normalizacionbaron@gmail.com indicando nome, apelidos, curso e centro de ensino ao que se pertence. Confirmaráse a inscrición cun correo resposta onde figurarán as pezas musicais coas que se pode traballar.
5. O xurado valorará os seguintes aspectos: orixinalidade, complexidade na realización, estética, adecuación ao tema musical escollido, innovación...
6. Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras
7. Premios: todos os participantes recibirán un agasallo . De entre todos eles o xurado escollera un traballo gañador que recibirá un VIDEOPACK [lote de produtos relacionados coa musica, banda deseñada...]

Estas son as cancións coas que se pode participar:

1.Carmen Rey-Areas de Sal

2.Hugo Torreiro-Por verte sorrir

3.Pirritx, Porrotx eta Marimotots -Quérote máis

4.Joselito-O Merengue do Porquiño

5.Duplo Son- Casa do Río

6.A Banda da Balbina- Fillo do Mar

7.Tvg- As bólas do Dragón

8.DJ Sonic- Sen ti

9.Fanny e Alexander- Amei-te tanto

9. Hevel e Rayel - Move Move

10.Pulpiño Viascón- In the Ocean

11.Paula Madero - Preto de Min

12. Projecto Mourente - Coma os caranguexos

13.O Neno Tesoira - Rumborranchera

14. Ses - Tola atrás de ti

15. Vicent Jalo - Xirarei on you (Machuco

16. Aíd - Por ti

No hay comentarios:

Publicar un comentario