Esta semana, algúns dos centros da comarca tivemos a oportunidade de acoller a promoción da película Vilamor, protagonizada tamén por un actor da zona: Rubén Riós.
Ademais de poder coñecer de primeira man algúns dos detalles da rodaxe, de tema, espazo e lingua ben nosos, ofrecéusenos a oportunidade de conseguir entradas para a estrea de pasadomañá, 17 de maio, en Ourense, e de participar no concurso de creación de curtas "Tes que vela". Pódese consultar toda a información no blog de Vilamor: http://vilamor.eu/web/gl/blog/